Este concepto de océanos subterráneos cachou por sorpresa aos científicos planetarios; despois, novas investigacións demostraron a súa existencia en varios satélites máis: en Ganimedes e Calisto, en órbita de Xúpiter, en Encélado, que vira arredor de Saturno, e en Tritón, en derredor de Neptuno. Algúns destes mares invisibles son realmente enormes. Ganimedes (que é o maior satélite do Sistema Solar) seica está formado nun 50 % por auga, o que daría un volume de líquido 27 veces maior ca a hidrosfera terrestre! Outros, coma Encélado, poñen de manifesto a súa auga oculta con geyseres que alcanzan varios quilómetros de altura (o maior geyser terrestre só se elevou 400 metros).