A auga e a vida van sempre da man, e cando queremos entender a evolución é conveniente volvermos pensar na evolución dos mares.
Aplicada á historia da Terra, a tectónica de placas significa que os mares e océanos que hoxe coñecemos non existiron sempre. Para comprobalo, imos viaxar no tempo co equipo de exploradores de Climántica:
Si, as viaxes ao pasado da Terra depárannos grandes sorpresas, e moitas delas están relacionadas cos mares. Os océanos aparecen e desaparecen a medida que os continentes rachan ou chocan e quedan unidos.