Podemos chegar a alterar os balances hídricos?

Podemos chegar a alterar os balances hídricos?.

A auga ocupa un lugar destacado na nosa vocación por modificar o noso contorno, debido, sobre todo, a que é un elemento imprescindible para a vida e o desenvolvemento das civilizacións.

De feito, o ser humano logrou modificar o réxime dos fluxos naturais da auga e o seu almacenamento, o que afectou á práctica totalidade dos balances hídricos e, por conseguinte, ao ciclo hidrolóxico.

Os motivos destas modificacións son diversos, e van dende o asentamento das cidades á agricultura de regadío, á produción de enerxía, etc. As intervencións derivadas destes e doutros aspectos provocaron diversas modificacións na circulación da auga.

Cando pensamos nestas intervencións, adoita virnos á mente a construción dos encoros. Os encoros supoñen unha modificación evidente do réxime hidrolóxico do río co obxectivo de adaptalo ás nosas demandas.

As presas ou encoros son muros construídos que cortan o caudal do río. Un encoro pode servir para:

  • Evitar as enchentes, que, como vimos, poden ser fenómenos moi perigosos.
  • En períodos de seca, empregar a auga almacenada para a rega.
  • Nalgúns casos, producir enerxía hidroeléctrica, que é limpa e renovable.

Algúns encoros serven para as tres cousas. O problema é que estas vantaxes son contrarrestadas por varios inconvenientes. Os encoros transforman os cursos de auga naturais en estanques e, ademais, alagan grandes zonas, destruíndo a vexetación das ribeiras, boa parte da fauna que vive nos ríos e, en moitos casos, obrigando a desaloxar vilas ou cidades. Son, ademais, lugares perigosos, que deron lugar a catástrofes cando rompeu o muro, alagando as poboacións situadas augas abaixo. Son tamén obras efémeras, porque serven como trampas para os sedimentos que transporta o río, que quedan atrapados no seu fondo ata inutilizaren o encoro, polo xeral en menos dun século. Por último (como se explica no parágrafo seguinte), contribúen ao afundimento dos deltas. Por todo iso hai agora unha tendencia a destruír boa parte dos encoros construídos nos séculos XIX e XX: en Estados Unidos destrúense entre 20 e 50 encoros cada ano. En España aínda non chegamos a esta fase e hai uns 120 encoros novos en proxecto.

Encoro de Belesar
Encoro de Belesar.

Os deltas son ambientes naturais moi interesantes; por exemplo, os deltas de Bangladesh son un hábitat natural do tigre de Bengala. Tamén o son para o home, porque os sedimentos que proporciona o río son ideais para o cultivo (de arroz, por exemplo). Mais son sistemas inestables, porque as correntes mariñas os socavan e por iso tenden a se afundir no mar. Os sedimentos arrastrados polo río equilibran este proceso, pero se os encoros cortan este fluxo de sedimentos o afundimento será moi rápido. Iso é o que está a pasar na gran maioría dos deltas do mundo. O do Nilo é o mellor exemplo: un terzo da súa superficie está a só 1 metro sobre o nivel do mar e a velocidade de afundimento é de 1 cm/ano. O problema é grave, porque o delta alimenta a maior parte de Exipto.

Delta
Delta.

Para rematar, o dato menos coñecido sobre o ciclo da auga: cada vez hai menos ríos que cheguen ao mar. Xa non o fai, por exemplo, o río Amarelo (o segundo máis longo de China), porque todo o seu caudal se emprega para beber, para a agricultura ou para as fábricas. O Indo (compartido por India e Paquistán) só alcanza o mar na tempada de choivas. En España, moitos ríos coma o Miño, o Sil, o Mijares ou o Turia apenas teñen caudal, o que significa que non poden soster vida. O homo sapiens xa está a utilizar a maior parte da auga doce dispoñible e prevese que o problema da auga torne máis grave a medida que siga aumentando a poboación.

Outra intervención que tamén pode modificar o réxime hidrolóxico e o balance hídrico dunha cunca hidrográfica é a construción de pozos. Este tipo de intervención supón o bombeo de auga do acuífero, o que pode chegar a afectar ao caudal do río, que, pola súa banda, pode acabar provocando a penetración de intrusións salinas nos pozos próximos á costa. (figura 32 inspirada en la infografía inferior de la página 87 de “Cambia o clima?”, evidenciando más la presencia de los pozos de los que se ha extraído auga para regar, facilitando la invasión del acuífero por auga marina)

Podemos chegar a alterar os balances hídricos?.

Podemos chegar a alterar os balances hídricos?.

Todas estas alteracións están bastante ben estudades a nivel local en diversos balances hídricos. Pero na actualidade, por mor de impactos desta natureza como é o cambio climático, comézase a considerar a necesidade de abrir liñas de investigación a escala global, continental e planetaria.

Os modelos rexionais indican que, ao longo do presente século, as precipitacións van sufrir modificacións significativas relacionadas co cambio climático, cunhas consecuencias sobre a hidrosfera que trataremos con máis profundidade nos capítulos 6 e 7 no. Nos países do arco mediterráneo está prevista unha diminución das precipitacións, que, por outra banda, serán máis concentradas. En España está previsto, xa que logo, unha maior intensificación dos riscos asociados a fenómenos climáticos extremos como as inundacións e, moi en especial, as secas.

Polo tanto, no marco do cambio climático, tanto no contexto global coma no rexional, non podemos excluír o aumento de precipitacións. Con todo, en termos xerais, o que si cabe esperar é un aumento da evapotranspiración, que afectará a aqueles acuíferos que teñan o nivel freático próximo á superficie do terreo. Tamén se espera unha maior demanda hídrica, debido á calor e á menor dispoñibilidade de auga superficial.

Con estas previsións é de esperar un descenso xeneralizado da auga subterránea nos acuíferos, o que pon en perigo a estabilidade fisicoquímica dos recursos hídricos subterráneos.

Na actualidade, á parte dos efectos do cambio climático sobre a hidrosfera, en especial sobre os océanos, estanse identificando outros efectos globais derivados da interferencia humana no ciclo da auga.

Un exemplo curioso destes impactos globais no ciclo da auga atopámolo na acción combinada e global da construción de encoros e do uso de fertilizantes.

Podemos chegar a alterar os balances hídricos?.

Isto orixinou que os encoros fosen importantes barreiras para o acceso dos silicatos aos océanos, e o uso de fertilizantes aumentou a cantidade de nitratos que entran no océano. De aí que ultimamente se detectase unha diminución a escala global no plancto das algas diatomeas, que precisan sílice, e un aumento das dinófitas.