A evapotranspiración prodúcese a través da evaporación da auga presente na superficie terrestre, xunto coa que está en mares, ríos e lagos e a que procede tamén da terra, incluíndo a transpiración dos seres vivos, en especial das plantas. Como resultado deste proceso determínase a formación de vapor atmosférico, que, ao chegar ás condicións de condensación, retorna en parte á superficie en forma de precipitación líquida ou sólida.
Polo tanto, a evapotranspiración é a consideración conxunta dos procesos de evaporación e transpiración. A diferenza entre estes dous conceptos está na participación dos seres vivos no segundo, mediante o proceso físico a través do cal as súas superficies perden auga á atmosfera a través do proceso de transpiración. A súa inclusión nun concepto único coa transpiración débese á dificultade de medilos por separado. Xa que logo, a evapotranspiración prodúcese dende:
A evapotranspiración depende de: