Influencia da continentalidade e da latitude na variación térmica. Se a temperatura non estivese influenciada máis que pola latitude, as liñas isotermas coincidirían cos paralelos (puntos de igual latitude) e o máximo térmico estaría sempre situado sobre o ecuador. Pero esa coincidencia non se produce, tal e como se pode comprobar ao observar como as isotermas, ou liñas que unen puntos de igual temperatura, experimentan curvaturas polo efecto da continentalidade.
Entre os factores que invalidan este modelo xeral simple de cela única, destaca o feito de que a Terra teña un movemento rotacional que imprime aos seus fluídos unha forza que se denomina de Coriolis. Ademais desta aceleración, interfiren no modelo xeral simple o relevo e os efectos continental e oceánico, debido á maior capacidade calorífica do océano fronte á que presenta o interior dos continentes, que fai que aquí a regulación térmica sexa menor.
Na procura dun modelo global, é factible incorporar o efecto provocado pola forza de Coriolis, pero co efecto de continentalidade e co relevo non sucede o mesmo, pola súa natureza rexional.