Cando se unen ríos e mares: os deltas

Cando se unen ríos e mares: os deltas
O delta do Nilo. Distínguense os dous brazos principais, o de Damietta á esquerda e o de Rosetta á dereita.

Os deltas fórmanse cando un río desemboca nunha plataforma continental ampla, onde se empezan a acumular os sedimentos que arrastra. Estes quedan sometidos á influencia mariña, sobre todo ás correntes de deriva litoral, que arrastran parte dos sedimentos e os espallan ao longo das costas (así se forman as praias); tamén se someten aos cambios no nivel do mar. Por iso os deltas son sistemas moi inestables: duran como moito 5.000 ou 6.000 anos. Dende o punto de vista humano, os deltas son zonas moi valoradas para a agricultura, porque a chegada de sedimentos lle proporciona continuamente ao solo novos nutrientes. O mellor exemplo deste uso é o delta do río Nilo [Figura 23], onde viven máis de 50 dos 66 millóns de exipcios.

  • Evitan as enchentes, que nalgúns ríos son fenómenos moi perigosos.
  • Así mesmo, en períodos de seca permiten dispoñer da auga almacenada para a rega.
  • Algúns serven para producir enerxía hidroeléctrica, que é unha fonte de enerxía limpa e renovable.

Xunto a estas vantaxes, os encoros teñen serios inconvenientes, que afectan sobre todo aos deltas. Un encoro actúa como unha trampa para sedimentos, que se acumulan no seu fondo, en vez de se depositaren no curso baixo e no delta do río. Ao deixar o delta de recibir estes sedimentos, as correntes de deriva litoral e as fortes ondas erosiónano, sen que nada poida contrarrestar a súa acción destrutiva. Todos os deltas se afunden porque, cando os sedimentos son cubertos por outros novos, os primeiros expulsan a auga e perden volume. Mais cando un encoro impide a chegada de novos sedimentos, o afundimento non se ve contrarrestado polo crecemento e, polo tanto, acelérase. O 85 % dos deltas do mundo estanse a afundir cada vez máis rápido.

Tamén o delta do Nilo é un bo exemplo deste proceso. Coa construción en 1964 do grande encoro de Asuán, o delta deixou de recibir sedimentos e, a partir daquela, afúndese avelocidades crecentes, sobre todo a favor de varias fallas.

Cando se unen ríos e mares: os deltas
O curso medio e a desembocadura do río Nilo, co delta e a situación do encoro de Asuán..

Neste momento, o 30 % da área do delta está a só un metro sobre o nivel do mar. Pero o cambio climático pode agravar o problema: as previsións do Comité Internacional para o Cambio Climático apuntan a unha elevación dun metro no nivel do Mediterráneo cara ao 2050. É evidente que iso significaría a perda dun terzo da superficie do delta e, xa que logo, o colapso de boa parte da agricultura exipcia, ademais da evacuación de decenas de millóns de labregos.

Cando se unen ríos e mares: os deltas
Esquema do delta do Nilo e velocidades de afundimento (en milímetros/ano) de cada zona. A zona da dereita, delimitada por dúas fallas (liñas de cor), estase a afundir máis rápido. Os datos, de 1990, están desfasados: a velocidade de afundimento duplicouse e xa chega a 1 cm/ano.

Este dilema preséntase agora en todo o planeta: os encoros prestaron un gran servizo á humanidade, inda que case todos se construíron nun tempo en que só importaba o desenvolvemento económico. Agora que tamén nos preocupa o medio natural, e nun momento en que comprobamos que a nosa pegada no planeta comeza a ser perigosa, cambiou a tendencia: séguense a construír encoros (só nalgúns casos, tras estudos ambientais coidadosos), mais tamén se destrúen. Por exemplo, en Estados Unidos elimínanse entre 20 e 50 encoros cada ano. No noso país aínda non se alcanzou esa fase e está prevista a construción de 120 novos encoros.Todos os impactos se multiplican nos mares cerrados e con pouco volume de auga, pero en especial os impactos que implican cambios químicos.