Escorrentía e nivel freático

Escorrentía e nivel freático

Un concepto importante relativo ás augas subterráneas é o de nivel freático (do grego freatós, ‘pozo’), que é a superficie que separa o terreo seco (arriba) e o acuífero (abaixo). Cando explotamos un acuífero, o nivel freático baixa, pero a chuvia volve facer que suba (recarga).