Parte da auga precipitada sobre o continente inflítrase no solo, dende onde pode volver evapotranspirar ou, pola contra, percolar no subsolo. A outra parte escorre superficialmente pola rede de drenaxe ata alcanzar a rede fluvial (escorrentía superficial).
Por tanto a escorrentía é debida a incapacidade dos horizontes superficiais do solo para transmitir cara o interior a auga da choiva coa mesma intensidade que cae (escorrentía superficial).
Pero tamén se pode deber á excesiva saturación da porosidade total nalgún punto do perfil do perfil do terreo (escorrentía subsuperficial e profunda).
En todo caso, toda a escorrentía profunda acaba aflorando á superficie, e supón o desenvolvemento de parte do ciclo hidrolóxico polo interior da cortiza terrestre.