Hai 100 millóns de anos, a temperatura do océano Ártico sería apta para o baño; así e todo, a fauna non sempre era amigable.
Porén, inda que o seu clima actual non sexa tan extremo coma o doutros planetas, é certo que a Terra experimentou variacións climáticas moi graves. Hai cen millóns de anos podiámonos bañar nas augas do Ártico (inda que cumpriría ter coidado cos grandes réptiles mariños); en cambio, máis atrás no tempo (entre 850 e 580 millóns de anos) todos os continentes se cubriron por completo de xeo varias veces. Os climatólogos denominaron estes dous períodos de clima extremo Grande Invernadoiro e Terra Branca.