Que foi a Terra Branca?

Que foi a Terra Branca?
Este esquema é o que os xeólogos denominan unha columna litolóxica e representa distintos tipos de rochas sedimentarias amoreadas unhas enriba doutras. A unidade de cor azul representa rochas depositadas polos glaciares. Á dereita, a concentración de iridio, un elemento semellante ao platino que se atopa nos asteroides; concentración que, como vemos, se triplica xusto despois de se formaren os depósitos glaciares.

A Terra Branca é unha glaciación, ou sexa, un período (coma o actual) con grandes masas de xeo nos continentes. Sobre a orixe das glaciacións ten habido moitos debates, pero na actualidade hai un acordo xeral sobre que se deben a un descenso na cantidade de CO2 na atmosfera causado, por exemplo, por unha menor actividade volcánica.

As discusións foron especialmente intensas sobre a glaciación da Terra Branca, o que se debe a dous motivos. Un, que se trata dunha idea moi nova: este episodio non se descubriu ata 1998. E dous, que case trescentos millóns de anos de glaciacións non son doados de xustificar. En primeiro lugar, que probas temos de que a Terra estivo tanto tempo cuberta de xeo? Na Unidade Didáctica 1 xa estudamos os chamados indicadores paleoclimáticos, que abundan nesta glaciación, como o depósito glaciar da Figura 7. Pero ademais, ao analizar as rochas formadas xusto despois de que os glaciares desaparecesen, atopouse unha pegada moi especial dunha glaciación, que é esta