A formación de borrascas nas zonas temperadas ten que ver coa xénese de frontes nesas rexións, debido a que unha masa de aire frío de orixe ártica, no seu avance cara ao sur, encontra cortado o seu camiño por unha corrente de aire cálido. A superficie de separación coñécese como fronte polar, e ten carácter estacionario/estacional.
Imaxe satélite da formación dunha fronte.
Debido á dirección oposta dos dous ventos en ambas as masas, nesta superficie de separación prodúcese unha ondulación, de maneira semellante a como se forman as ondas na superficie de contacto entre as correntes mariñas e o vento de dirección contraria. Igual que ocorre na formación das ondas do mar, estas ondulacións vanse acentuando co tempo.
Este proceso de acentuación da ondulación prolóngase ata que arredor de B se chega a formar unha verdadeira circulación ciclónica, que avanzará cunha velocidade que depende da do vento frío.
Borrasca no hemisferio Sur.
Borrasca no hemisferio Norte.