Xeada sobre unha folla.
Para a formación de orballo e xeada non é necesaria a presenza de núcleos de condensación na atmosfera, xa que esta se produce sobre superficies como rochas, vidros, vexetación, etc., o que dá lugar a que o seu vapor se condense. Se a temperatura da superficie é superior a 0oC fórmase orballo, e se é inferior fórmase xeada.