Condensación e néboas

Néboas dun amañecer dun día de anticiclón en Viana do Bolo .
Néboas dun amañecer dun día de anticiclón en Viana do Bolo .

As precipitacións van asociadas á formación de néboas e nubes. Estas formacións son o resultado da condensación do vapor de auga na atmosfera en forma de pequenas pingas. Para que isto se produza, débense dar dúas condicións:

  • Que a temperatura do aire descenda por baixo do punto do orballo ou punto de saturación, é dicir, que a humidade relativa supere o 100 %.
  • Que o aire conteña núcleos de condensación sobre os que se poidan formar as primeiras pingas. Estes núcleos de condensación poden ser de diversa natureza, dende ións ata partículas sólidas lixeiras como po ou fume.

Cando se dan estas dúas condicións preto da superficie terrestre prodúcese a néboa, que, en realidade, son nubes baixas.