Nubes correspondentes ao paso dunha fronte fría.
Cando a condensación do vapor de auga ten lugar en rexións altas da atmosfera, como consecuencia de correntes ascendentes de aire quente e húmido ou como consecuencia do choque de masas de aire de temperaturas polares (frontes), fórmanse as nubes.
Se a condensación no seo da nube é intensa dabondo, as pingas que a integran reúnense formando pingas máis grandes, capaces de chegaren á terra en forma de chuvia, sarabia ou neve.
Un tramo do Camiño de Santiado nun día con precipitacións.